RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 22 ( 2006)

“Os feministas” dá título a un monográfico centrado nas achegas dos homes á igualdade entre os sexos, as novas masculinidades e a teoría feminista ao longo da historia. Os artigos céntranse, entre outros, na obra de pensadores e científicos como Poullain de la Barre, Condorcet, Benito Feijoo, Vicente do Seixo, John Stuart Mill, Engels, os pro-feministas norteamericanos, Carl Djerassi, Carlos Castilla del Pino ou creadores como Quino, Tomasso da Pizzano e Amilcare Anguisciola. A sección actualidade ocúpase do problema dos incendios en Galicia, o tratamento penal da violencia contra as mulleres, a invisibilización das mulleres na historia da arte, o centenario de Hannah Arendt e diversas notas in memóriam dedicadas a Pura Vázquez, Oriana Fallaci, Mari Jose Urruzola, Anna Politkóvskaya e Xan Traba. Complétase co habitual “Escrito por mulleres”. Ilustran o número obras de Maribel Longueira, Manuel G. Vicente e Marcos Canosa Maya.