RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 23 ( 2007)

Neste número o monográfico céntrase nas diferentes formas de violencia contra as mulleres e presenta investigacións que abordan a cuestión desde as ciencias sociais e humanas. Ocupan un importante espazo as análises sobre a presenza da violencia nos medios de comunicación, nas artes plásticas, no cinema, no teatro ou no mundo do cómic. Na sección de actualidade os artigos tratan, entre outras cuestións, a lei de traballo en igualdade, o V Plan de Igualdade da Xunta de Galicia, a homofobia ou a importancia social da educación. Inclúe dous manifestos en contra da pena de morte e a favor da erradicación da pobreza extrema e a fame asinados pola redacción da revista, o habitual “Escrito por mulleres” e recensión de obras escritas en galego ou traducidas a este idioma. As ilustracións don úmero so nde Daniela Edburg, Carlos Maño e Lois Corvera.