RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 24 ( 2008)

O monográfico céntrase no debate sobre o sexismo na linguaxe. Analízanse as consecuencias da invisibilización das mulleres como suxeito lingüístico, as implicacións ideolóxicas e exclusión a exclusión que se deriva do suxeito universal neutro do patriarcado e dos códigos lingüísticos. Ofrece un argumentario en defensa da linguaxe non sexista e debúllanse as formas recorrentes de violencia verbal e discursiva contra as mulleres nos medios de comunicación. A sección de actualidade inclúe artigos sobre os límites epistemolóxicos do saber científico, as políticas de igualdade, a Casa Internazionale delle Donne, a obra plástica das pintoras do expresionismo abstracto, así como de Camille Claudel e Käthe Kollwiz. Completan a sección a habitual “Escrita por mulleres”, recensións críticas de novidades, dúas notas in memóriam dedicadas a Andrea Dworkin e Carlos Maside e mais unha declaración da FIGA sobre a Lei de Memoria Histórica. As ilustracións do número inclúen unha extensa galería fotográfica do VII Encontro da Marcha Mundial das Mulleres de Beatriz García e obra de Mar de la Peña Cristiá, Paula Mariño e Anxo Cabada.