RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 27 ( 2011)

O monográfico, dedicado ás científicas galardoadas co Premio Nobel, ofrece unha análise do baixo número de mulleres premiadas e achegas á vida e investigacións de Rita Levi-Montalcini, Ada E. Yonath, Christiane Nüslein-Volhard, Françoise Barré-Sinoussi, Linda B. Buck e Elizabeth H. Blackburn. A sección de actualidade recolle as notas in memóriam dedicadas a Valentín Arias, Hermina Barreiro, Filón (Felisa Barreiro Mosquera) e Elizabeth Siddall. Nos artigos afóndase nas figuras de Mercedes Núñez e Lolita Díaz Baliño, as Primaveras árabes, a prostitución, a produción cultural ou o Premio Voz de Liberdade a María Xosé Queizán. Inclúe o repertorio anual da literatura galega escrita por mulleres e recensións críticas. As ilustracións son de Eva Carrera.