RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 28 ( 2012)

O monográfico, dedicado a Clara Zetkin, céntrase na súa biografía, ideario, actividade política, e relación con Lenin que se completa cunha panorámica do feminismo socialista. Na sección de actualidade aparecen unha nota in memoriam da editora Helen Gurley Brown, unha das impulsoras da revolución sexual e autora da sentencia feminista “Good girls go to heaven, bad girls go everywhere”; artigos sobre o ciberfeminismo, a violencia contra as mulleres e achegas ás figuras de María Luz Morales, Christa Wolf e a tradutora de Rosalía de Castro ao eusquera, Micaela Mutuberria. No reconto da produción escrita, recupérase a denominación “Escrito por mulleres” mais nesta ocasión ofrécese unha análise cuantitativa sen o repertorio bibliográfico habitual. As ilustracións son de Pilar Alonso.