RESUMO

Festa da palabra silenciada
n. 29 ( 2013)

O derradeiro número de Festa da Palabra fai un percorrido polos 30 anos da revista e as actividades da FIGA. Inclúe unha ampla galería fotográfica e achegas panorámicas ás contribucións máis salientables da revista como medio que favoreceu a creación feita polas mulleres: literatura, artes plásticas e crítica literaria. A sección de actualidade conta con recensións de publicacións en galego e artigos sobre as mulleres nas primaveras árabes, a convivencia social e política, a custodia compartida, a violencia contra as mulleres ou a neurociencia, así como achegas a Clara Peeters, Hannah Arendt e Victoria Sau. Tamén se presenta Exeria, unha ferramenta en liña para a corrección da linguaxe sexista. As ilustracións son de Rut Martínez.