RESUMO

A Saia
n. 1 ( 1/ 1983)

Impreso en negro sobre papel rosa, ocúpase de temas recorrentes no movemento feminista como organización, formas de loita e análise, violencia, sexualidade, poder, relacións persoais e nacionalismo. Recolle artigos sobre literatura, relación entre a tolemia das mulleres e sistema patriarcal, o feminismo independente, a Igrexa católica, as eleccións do ano 1983 e unha homenaxe a Carla Lonzi. As colaboracións de creación recollen poemas de autoras diversas. Inclúe a sección de crítica de libros. A sección notas remite á reificación do corpo das mulleres.