RESUMO

S'homos
Ano 1991, n. 1 ( 1/ 1991)

Comeza cun editorial no que se explica que esta é unha publicación do Colectivo Homosexual de Compostela (CHC). Recolle a actividade do colectivo, accións e novas do movemento gai a nivel estatal e internacional e sobre homofobia na Igrexa e nas políticas públicas. A sección “Medio ambiente cultural” inclúe notas sobre teatro e literatura. Na contraportada aparece un listado de grupos gais do Estado español e banda deseñada de Alonso R., un colaborador habitual da publicación.