RESUMO

Monte Louro
1ª ep. ( 1950)

Na portada aparece a data de 1949 mais a súa edición foi o ano seguinte, en 1950. Aparecen as noticias da morte de Castelao (coa publicación de varios dos seus escritos como homenaxe) e dos fastos organizados ese ano declarado polas autoridades arxentinas como «Ano del Libertador General San Martín» con motivo do centenario do seu pasamento.
Número incompleto, faltan as últimas páxinas.