RESUMO

Xénero humano
n. 1 ( 3/ 2009)

Ábre o número a sección de memoria viva con entrevistas a mulleres destacadas de diversas profesións e condicións vitais: unha emigrante retornada, unha procuradora, unha campiona de ximnasia rítmica, e unha das primeiras mulleres que acadou o carnet de conducir en Ourense. Rescata figuras históricas ata entón pouco coñecidas como Nieves Fariza, alias "a Pasionaria blanca" e, nun artigo moi documentado, outras represaliadas polo franquismo. Nunha reportaxe gráfica, titulada "Mulleres de Auria" achéganse imaxes de traballadoras e noutros artigos trátase, desde a perspectiva das mulleres, a crise do mundo rural e a cuestión das relixións e o laicismo. Informa sobre accións recentes de organizacións como Marcha Mundial das Mulleres, Homes Galegos pola Igualdade e Transgaliza. Remata o número cun directorio de igualdade.