RESUMO

Xénero humano
n. 2 ( 11/ 2010)

Como no n. 1, a sección de memoria viva, abre o número con entrevistas a nomes destacados das artes escénicas, Maruxa Salas Labrador e Ánxeles Cuña Bóveda, e mais unha profesora de educación primaria especializada en formación sexoafectiva. Os artigos de actualidade ofrecen un achegamentos a diversos asuntos como os retos que abre para o novo feminismo a teoría queer e as prácticas drag pola súa crítica ás formas de poder superando o binarismo dominante; os retos da inmigración feminina en Galicia; e a relación entre igualdade e políticas públicas. Inclúe, ademais, un artigo extenso sobre Rosalía de Castro, considerada unha figura simbólica nacional e feminista. Inclúe o artigo titulado "De oficio: leiteira" e a reportaxe gráfica "Mulleres de Auria", que reproduce fotos, entre outros, dos momentos de lecer das mulleres ourensás na década de 1950.