RESUMO

Xénero humano
n. 3 ( 3/ 2013)

O n. 3 abre coa sección “De onte”, onde destaca as figuras de Olga Gallego e Filomena Dato Muruais. Recolle entrevistas a unha política, Laura Seara, unha filósofa, Purificación Mayobre e na sección “De profesión” ofrece as semblanzas dunha deseñadora de roupa, Rubí, e unha gandeira con recoñecemento internacional, Águeda Capón. En “De actualidade” trátase a concilación entre a vida laboral e familiar, a violencia simbólica nos medios de comunicación e a lexislación sobre o aborto. No apartado “De Identidades” aborda as dificultades coas que se atopan as mulleres para exercer o liderazgo e as novas masculinidades. Pecha o número a sección “De (re)educación” sobre a creación de espazos de xogo para crianzas onde se valore a equidade, propondo casos particulares de dinamización social e empoderamento feminino.