RESUMO

Andaina
2ª época 3ª xeira ep. n. 50 ( 12/ 2008)

O monográfico, coordinado por Clara Brea, leva por título “Arquitectura e espazo colectivo”. Ofrece un repaso á obra das mulleres na Bauhaus e una lectura feminista do espazo privado-público e o lugar da natureza na arquitectura. O editorial destaca algunhas arquitectas e ofrece unha lectura do rescate da banca. O número inclúe artigos sobre sufraxio feminino en Galicia en 1931, o Convenio de Varsovia para deter o tráfico de seres humanos en Europa, o encontro internacional da Marcha Mundial das Mulleres en Vigo e a exposición ¡Aquí y ahora! Nuevas formas de acción feminista. Entrevístase á vogal de Muller e Medio Ambiente de ADEGA, María García Gómez. Faise memoria da fotoxornalista Françoise Demulder, da activista Maha Nasar, das exiliadas da guerra civil, e na contraportada, das irmás Lola, Amparo e Xulia Touza Domínguez.