RESUMO

Andaina
2ª época 3ª xeira ep. n. 51 ( 4/ 2009)

O editorial, que presenta os contidos do número, destaca a homofobia e a violencia sexista. Nos artigos denúnciase a trata de seres humanos, analízase como lles afecta ás mulleres a crise económica e laboral, destaca un mercado de guerrilla feminista na pasarela Cibeles e presenta a ferramenta web Exeria para corrixir a linguaxe sexista. Inclúe unha entrevista a Isabel Villalva, do Sindicato Labrego Galego, homenaxes a Lidia Senra e Gloria Blanco. Na sección memoria recupéranse a historia de Elisa e Marcela, e na contraportada aparece Luísa Villalta.