RESUMO

Andaina
2ª época 3ª xeira ep. n. 52 ( 9/ 2009)

O dossier céntrase no dereito ao aborto libre e gratuíto na sanidade pública e achega un percorrido histórico polas reivindicacións que os feminismos fixeron desde a década de 1980 ata a actualidade. Os artigos refírense ás celebracións do 28 de xuño, o laicismo, a sexualidade na adolescencia, o incremento de mulleres creadoras no audiovisual e a política de representación das persoas LGBTQI na arte contemporánea. Nas seccións de memoria, destaca a exposición sobre Ruth Matilda Anderson, e a contraportada dedícaselle á activista indíxena latinoamericana, Tránsito Amaguaña. Contén imaxes de Uqui Permui, Xoán Anleo, Loren Cameron, Anlam Shibli, Ins A Kromminga ou Andy Warhol.