RESUMO

Andaina
2ª época 3ª xeira ep. n. 54 ( 4/ 2010)

Aparece a primeira entrega do dossier “Mares de mulleres”, que continua no nº 55, onde se analizan as condicións laborais das mariscadoras e das asalariadas nas fábricas conserveiras, as protestas contra o peche de Alfageme. Inclúe, tamén, testemuños de vida e conta cunha entrevista cunha figura de referencia na profesionalización das mariscadoras, Pencha Santasmarinas, que tamén é autora dun artigo. Documéntase a celebración das xornadas feministas en Granada e abúndase na obra fotográfica de Ruth Matilda Anderson na súa viaxe por a Galiza. A contraportada está dedicada á artista Nancy Spero.