RESUMO

Andaina
2ª época 3ª xeira ep. n. 55 ( 9/ 2010)

O número recolle a segunda parte do dossier “Mar de mulleres”, que se iniciara no nº 54. Ábrese cun achegamento ás colareiras, conta cunha entrevista colectiva a mariscadoras, percebeiras e redeiras, informa sobre o proxecto Mardelira. A habitual sección de crítica abunda en publicacións e filmes sobre o tema. Por outra banda, recóllense reportaxes fotográficas sobre diversas protestas feministas, o Día do Orgullo e unha homenaxe ás bruxas. Noutros artigos abúndase na presenza das mulleres no audiovisual galego e o mal de ollo nas culturas galega e británica. A contraportada vai dedicada ás heroínas da illa de Sálvora: Josefa Parada, Cipriana Oujo e María Fernández.