RESUMO

Andaina
2ª época 3ª xeira ep. n. 56 ( 12/ 2010)

O editorial presenta os temas que se tratan no número. Entre eles destacan: o sexismo na publicidade radiofónica e na ditadura franquista, unhas xornadas sobre traballadoras do sexo de Hetaira, un encontro de xornalistas con visión de xénero, e mirada orientalista na construción do feminino mítico no Xapón. As reportaxes gráficas recollen a Marcha Mundial das Mulleres no Congo e a exposición Con A de Astrónomas. Celebra o 25 aniversario da revista Festa da palabra. Concha Castroviejo protagoniza a contraportada.