RESUMO

Andaina
2ª época 3ª xeira ep. n. 57 ( 4/ 2011)

O número abunda en dous temas que se trataron no nº 56: as mulleres na ditadura franquista e a exposición Con A de Astrónomas. Noutros artigos preséntase o sexismo impreso na sinaléctica, a figura da madrastra. As reportaxes fotográficas ocúpanse das Primaveras Árabes e da folga xeral convocada o 27 de xaneiro de 2011. Ofrécese unha entrevista a Montse Neira sobre prostitución e destácase á artista Louis Bourgeois na contraportada. Inclúe a habitual sección de crítica da cultura.