RESUMO

Andaina
2ª época 3ª xeira ep. n. 58 ( 9/ 2011)

O editorial céntrase no emprego doméstico, tema ao que se lle dedica varios artigos e mais a entrevista a Carmen Casal, de Empregadas do Fogar Xiara. Publica a terceira entrega sobre as mulleres na ditadura franquista, ofrece artigos sobre a presenza dos homes nas organizacións feministas e o rexeitamento á Lei de Familia. A reportaxe fotográfica recolle as manifestacións do 15M e a celebración do 28 de xuño. Destácase a concesión do Pedrón de Ouro a Lidia Senra, a obra literaria de Úrsula Heinze, e, na contraportada, a figura da histórica agrarista Carmen Álvarez. Conta cunha ilustración Marta Paz, de Nonmepisesofreghao.