RESUMO

Andaina
2ª época 3ª xeira ep. n. 59 ( 12/ 2011)

Os artigos abundan nas Primaveras Árabes, nas mulleres nos premios Nobel e no III Encontro Outras voces feministas. Publícase a primeira parte dun artigo sobre mulleres con diversidade funcional, que continúa no número dobre 61-62. Inclúe reportaxes fotográficas sobre mulleres na astronomía, a segunda edición do MUFEST e a exposición Suxeitos emerxentes: sexualidades e feminismos contemporáneos. A entrevista trata sobre autodeterminación das comunidades en Centroamérica cunha representante de CAVIDA. Analízase a obra pictórica das artistas Käte Kollwitz e Leonora Carrington. Precisamente esta última protagoniza a contraportada.