RESUMO

Andaina
2ª época 3ª xeira ep. n. 61-62 ( 12/ 2012)

O editorial deste número dobre destaca os trinta anos de Andaina. Os artigos tratan sobre as mulleres do carbón, o valor simbólico das mulleres con poder, os trinta anos da defensa do dereito de aborto, a representación das lesbianas no cómic e publícase a segunda parte do artigo aparecido no n. 59 sobre mulleres con diversidade funcional. Inclúe tamén colaboracións sobre Rosa Bassave, de Mulheres Livres, co gallo do seu pasamento; a fotógrafa Nan Goldin; o feminismo postmoderno de Annie Sprinkle; e as traballadoras da fábrica de xabón da Toxa. Na sección “Lembranzas dunha época” recupérase a vida da propietaria dun bar en Laxe. A contraportada vai dedicada a Chavela Vargas. Inclúe ilustracións de Julie Maroh, Bobby Zeik e Monstruodoxa.