RESUMO

Andaina
2ª época 3ª xeira ep. n. 63 ( 12/ 2013)

Aparecen dúas entrevistas sobre planeamento familiar en Galicia con Xosé Anxo Vidal Pan e María Xesús Díaz Anca. Outros artigos abundan no virus do papiloma humano (VPH), a custodia compartida, o proxecto de lei do matrimonio homosexual en Francia, os obradoiros para o autocoñecemento, as pintoras renacentistas e a relevancia das mulleres na música galega do século XXI. Reprodúcense as conclusións do IV Encontro Otras Voces Feministas. A sección de memoria destaca a curandeira Carmen e, na contraportada, a papisa Xoana.