RESUMO

S'homos
Ano 1991, n. 13 ( 12/ 1997)

O editorial elixe as plataformas como símbolo da visibilidade, do empoderamento e da organización da comunidade LGBTIQ+, ao tempo que denuncia a homofobia e fai un chamamento a combatela. Nas “Novas de aquí”, destácase o Proxecto de Lei da Familia, o aumento de referencias a gais e lesbianas en internet, o informe sobre agresións emitido polo CGC e o seu abandono da COFLHEE. Nas “Novas de aló”, achéganse referencias de Romanía, Brasil, Portugal, Dinamarca, Australia, Austria, Asturias e Sitges. A entrevista a Daniel Sotomayorga trata sobre un foro informativo iberoamericano na internet. As páxinas de cultura tratan a presenza de gais e lesbianas no cinema, nos libros, na música, na banda deseñada e nas artes plásticas, con mostras de Xoán Anleo e Patricia Piñeiro. Os artigos reflexionan sobre a crise da familia nuclear e o lastre do patriarcado na lexislación.