RESUMO

Menlacex
Ano 1, n. 1 ( 2001)

Este primeiro número ábrese cunha nota editorial onde explica que a publicación trata de cubrir un oco na información LGTBIQ+ en Galicia e norte de Portugal. Recolle unha carta de presentación do Colectivo BOGA, un artigo sobre transexualidade titulado "Parte da revolución pendente" de Laura Bugallo, un manual de actuación fronte agresións homófobas, un artigo sobre os lubricantes, que continúa no número seguinte, e un cómic de Xesús Pedreira (Yeye).