RESUMO

Menlacex
Ano 1, n. 2 ( 2001)

Neste número aparece un especial de Entroido, onde se reproducen fotos de diferentes actuacións de drag queens. Créanse as seccións "Homofobia" e "Os nosos dereitos". Nesta última infórmase sobre solucións posibles diante da ausencia dun marco legal para parellas gais e lésbicas. Publica a primeira sección de contactos da revista e recolle unha entrevista a Jano, do pub HS de Compostela, ameazado de peche polas denuncias homófobas dun veciño.