RESUMO

Menlacex
Ano 1, n. 3 ( 2001)

A partir deste número a revista convértese nunha guía de ambiente e gayfriendly e abre a sección "De rota por", onde dá a coñecer locais de lecer, neste caso, o Abastos. Inclúe rueiros das cidades galegas, locais recomendados e páxinas web. Informa que en Holanda se aprobou o matrimonio homosexual e a sección "Os nosos dereitos" recomenda a fórmula das sociedades como xeito de resolver o patrimonio común nas parellas.