RESUMO

Menlacex
Ano 1, n. 6 ( 2001)

Ábrese a sección "Maricousiñas", onde aborda o carácter gai e lésbico de coñecidas personaxes da ficción infantil, como Heidi e Clara ou Tinky Winky. A sección "Os nosos dereitos" recomenda o uso das follas de reclamacións nos locais de lecer en caso de discriminación. Na sección "Sair do armário" reproduce unha carta sobre a difícil situación de ser gai en Cuba asinada por Tomy, quen continuará colaborando na revista ata o número 8. Inclúe unha reportaxe fotográfica do orgullo LGBT en Galicia. A contraportada anuncia a existencia dun portal web deMenlacex.