RESUMO

Gai Z Lésbica
n. 2 ( 3/ 1995)

O número preséntase como Gaizzetta. Voceiro do Colectivo Coruñés de Gais e Lesbianas. Presenta un artigo centrado na análise das estratexias de invisibilización da homosexualidade empregadas por Federico García Lorca na súa poesía. Raquel, da sección Tortilla Sin Huevos do CCGL, na súa achega denuncia a invisibilización das lesbianas. Aparece o “Consultorio Z” que procura respostas a cuestións vinculadas coa lexislación militar, a falta de dereitos e as discriminacións e agresións das que son obxecto lesbianas e gais.