RESUMO

Ghaiseta
n. Decembro 2002 ( 12/ 2002)

Un artigo valora positivamente que varios garda civís saísen do armario. Critícase a denominación violencia de xénero cando só se aplica ás violencias heterosexuais o que invisibiliza as prácticas violentas noutro tipo de relacións sexoafectivas. Milhomes critica que no borrador do I Plan de Igualdade da Coruña non aparecen as palabras homosexual nin lesbiana. Infórmase sobre os avances lexislativos en relación ao matrimonio e as leis de parella no Estado e no estranxeiro. Número integramente en castelán.