RESUMO

Exeria
n. 4 ( 9/ 2005)

O número destaca e reinvidica a figura de María de Magdala, ou María Madalena, a quen consideran apóstola, e ofrecen unha crónica da Romaría da Madalena. Inclúe unha entrevista ás coordinadoras de MCG. Informa sobre a primeira ordenación pública de seis diaconisas que continúa a tradición das igrexas primitivas. Ábrese unha nova sección para dar a coñecer outros grupos feministas que, neste número é Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG).