RESUMO

Exeria
n. 10 ( 3/ 2007)

Na cuberta aparece como denominación da asociación editora Mulleres Cristiás Galegas Exeria. Informa sobre a celebración do décimo aniversario da creación de MCG, a homenaxe a Engracia Vidal e os actos relacionados co 8 de marzo. Nas seccións sobre memoria das mulleres recupérase a pintora María Victoria de la Fuente Alonso e a escritora María Mariño. Nos breves coméntase a Lei da igualdade e destácase o recoñecemento institucional a diversas mulleres. Publica a habitual listaxe de asasinadas por feminicidio no Estado español.