RESUMO

Exeria
n. 12 ( 12/ 2007)

Faise un resumo da XXIII Asemblea de Outono de MCG Exeria, do XVI Encontro Mujeres y Teología e do foro A prostitución a debate organizado en Pontevedra pola Marcha Mundial das Mulleres. Recuperan a figura e obra de Concepción Arenal e da pintora Menchu Lamas. Na sección de breves ofrécense, entre outros, apuntamentos sobre a Coordinadora da Pastoral de Mulleres do CLAI e o comunicado do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia-Observatorio Galego dos Medios sobre a cobertura informativa dun caso de feminicidio en Cambados. Publica a listaxe actualizada de asasinadas por violencia de xénero no Estado español.