RESUMO

Exeria
n. 16 ( 2011)

Na cuberta da revista e en páxinas interiores abúndase na figura de Exeria, co gallo do centenario da súa peregrinación a Xerusalén. Fan a habitual crónica de reunións: Congreso Europeo da ESWTR, o encontro galego da Marcha Mundial das Mulleres, as XXX e XXXI asembleas de MCG Exeria e a Festa da Madalena. Recollen momentos da celebración do 8 de marzo en Pontevedra. Reproducen un documento da asociación contra a violencia de xénero. A sección de crítica, máis extensa, recolle comentarios sobre libros, cinema e música. Recupérase a figura da matemática e alxebrista Xosefa Wonenburger e recolle as memorias de María Pilar Wirtz Molezún, cofundadora da revista Encrucillada.