RESUMO

Galiza Nación Cuir
n. 00 ( 5/ 2016)

A revista presenta a súa orientación ideolóxica e os seus obxectivos. Afirma que se sitúa nas marxes da disidencia sexual e do nacionalismo periférico aínda que mantén un forte interese polo activismo e debates internacionais. Abren o número cunha versión empoderada e feminizada do escudo de Castelao, que volverán empregar noutras ocasións. Presentan a primeira parte dun artigo sobre espazo heterofalocrático e trazan unha xenealoxía LGTBIQ+ galega. O deseño gráfico redunda na reinterpretación de símbolos e formas independentistas. A mariquita recortable representa a Eduardo Blanco Amor.