RESUMO

Galiza Nación Cuir
n. 01 ( 11/ 2016)

As razóns que levan a cuirizar Galicia ocupan o artigo inicial e aparece a segunda parte do artigo sobre espazo heterofalocrático. Os temas centrais desta entrega son a gordofobia, o transfeminismo e a arte como práctica de resistencia. Recollen as actividades desenvolvidas pola Galleira co gallo das Xornadas de Diversidade de Ourense e o III Festival Agrogai. Nas súas achegas internacionais inclúen novas de Cuba, Turquía e o activismo kurdo, ademais de denunciar purplewashing no cómic comercial. A mariquita recortable representa a María Miramontes.