RESUMO

Galiza Nación Cuir
n. 02 ( 5/ 2017)

Os temas a debate centrais son a xentrificación que provoca o capitalismo rosa, a asimilación da comunidade LGTBIQ+ no Festival de Eurovisión, a reivindicación do poliamor e a feminización do fútbol gaélico. Recollen informacións do activismo trans brasileiro, en particular as reaccións polo asasinato de Gisberta e do Movemento de Trabalhadores Sem Terra (MST). Salientan a creación da plataforma independentista Crida LGBTI e a súa participación no Día Nacional de Cataluña e no Día da Visibilidade Bi e Plurisexual, o 11 e o 23 de setembro respectivamente. A mariquita recortable representa a Eduardo Pondal.