RESUMO

Galiza Nación Cuir
n. 03 ( 11/ 2017)

Este número, a entrega máis voluminosa desta cabeceira, ábrese co 120 aniversario de Eduardo Blanco Amor. Ocúpase das marcas da protesta no espazo público e continúa a denuncia contra o capitalismo rosa nas apps de contacto. O seu arquivo LGTBIQ+ retoma a loita pola despenalización das sexualidades disidentes na URSS e nos Estados Unidos de América, subliñando, neste caso, o papel do Gay Liberation Front. Nas recomendacións inclúen o programa de radio Fóra do armario e mais o primeiro filme gai galego, Nove de novembro, de Lázaro Louzao. A entrevista ten como convidada a Laura Bugalho e a mariquita recortable representa a Maruxa Mallo.