RESUMO

Galiza Nación Cuir
n. 04 ( 9/ 2020)

A disidencia corporal, a gordofobia e a racialización son os asuntos que vertebran o número, case monográfico, incluíndo artigos, proxectos artísticos, pintadas e aínda unha referencia a Marielle Franco, política asasinada polo bolsonarismo. Retoma a crítica ás apps para a comunidade gai entendidas como evidencia da violencia estrutural. Conta con colaboracións de Afroféminas, Xácia Ceibe, Daniela Ferrández e Héctor Tejón.