RESUMO

Opinión Gallega
Ano II, 1ª ep. n. 29 ( 22/ 12/ 1945)

Neste primeiro número do xornal detállanse nun artigo as razóns polas que a directiva do Centro Orensano decidiu o cambio de nome da publicación. Como tamén é voceiro do Centro Pontevedrés entende que esta nova denominación abarca mellor os intereses de ambas entidades e tamén pensa que é un termo máis acorde para toda a colectividade galega emigrada en Arxentina á quen vai dirixida a publicación.