RESUMO

Donicela
n. 00 ( 1/ 1995)

A revista ten como obxectivo servir de soporte para a comunicación entre as mulleres e os colectivos feministas de Vigo e destaca a importancia de que elas tomen a palabra. No que toca ao ámbito laboral inclúe un artigo sobre o acoso sexual e unha entrevista a unha sindicalista e traballadora do Grupo de Empresas Álvarez. Varios artigos ofrecen achegas documentais sobre asuntos diversos: cursos de autodefensa desde 1988, unha semblanza de Olimpia Valencia, e achegas á historia de Mulleres Progresistas, o Club de Lectoras Alecrín e as vocalías de mulleres no movemento veciñal. Ademais, aparece unha entrevista a Beatriz Ruíz sobre o método biográfico na investigación. Pecha a revista cun directorio das asociacións de mulleres activas en Vigo.