RESUMO

Donicela
n. 01 ( 1/ 1996)

Abre o número unha carta de agradecemento á Escola Simone de Beauvoir de Ferrol enviada por unha muller que recibiu formación nesa entidade. O tema central, que ocupa o editorial. e un artigo, sobre a IV Conferencia Mundial da Muller, Igualdade, paz e desenvolvemento realizada en Beijing en 1995. Outros artigos abordan o antimilitarismo, a violencia contra as mulleres, as prácticas de desigualdade por razón de sexo na cualificación laboral, e ofrécese un resumo das II Xornadas das mulleres do movemento veciñal. O espazo de recuperación histórica dedícase á loita polo dereito ao aborto. A contraportada ofrece un álbum con fotografías de coñecidas feministas de Vigo cando eran nenas.