RESUMO

Andaina
3ª ep. n. 65 ( 2014)

O editorial recolle unha reflexión sobre o traballo sexual, o manifesto contra a modificación da lei do aborto, que se complementa cunha reportaxe gráfica da manifestación do 8 de marzo en Galicia, e as últimas cifras de mulleres asasinadas por violencia de xénero. Inclúe artigos sobre prostitución; a violencia contra as mulleres; o papel de Carme Forcadell e Muriel Casals como presidentas de organizacións independentistas en Cataluña; e a importancia histórica do oficio de polbeira. As colaboracións sobre arte ofrecen unha valoración da xornada do Consello da Cultura Galega sobre a ceramista Elena Colmeiro e unha crítica da última exposición de Ana Sastre. Recupéranse as biografías dunha emigrante a América Latina e, na contraportada, a da escritora Nadine Gordimer. Recolle, ademais, textos de creación de Liliana Costoya Seco e Lara Rozado.