RESUMO

Andaina
3ª ep. n. 66 ( 2015)

O lema da cuberta, "O meu corpo non quere a túa opinión", adianta o tema central do editorial: a violencia contra as mulleres. Nos artigos recóllense comentarios sobre o mesmo tema coa recomendación dun filme; unha crónica da manifestación en Madrid do 7N; e a campaña Compostela en Negro de Uqui Permui. Aparecen tamén achegas sobre maternidade e conciliación, a igualdade de oportunidades na política e a chegada das mulleres ao masculinizado mundo gamer. Nas notas breves, entre outras, denúnciase as esterilizacións forzadas en Perú, coméntase un encontro das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, a presentación do libro de Raquel Lucas Platero, e as contribucións á creación de Mónica Sjoö e a cantante Camila Moreno. Na sección de crítica cultural recoméndanse libros sobre xenealoxías transfeministas e feminismo decolonial latinoamericano. Wislawa Szymborska é a escritora que ocupa a contraportada.