RESUMO

Andaina
3ª ep. n. 67 ( 2016)

O editorial recunca na violencia machista e no feminicidio. Os artigos recollen unha crónica das Xornadas Dereito e Xénero da ANEGA, a denuncia laboral das teleoperadoras e a reafirmación patriarcal que move a concepción das princesas Disney. Aparecen, tamén, unha entrevista á cineasta feminista Chantal Akerman, un texto memorialístico sobre emigración e matriarcado xalleiro e un achegamento á escritora Svetlana Alexiévich, que foi galardoada co Premio Nobel de Literatura. A contraportada está dedicada a Carmen de Burgos.