RESUMO

Andaina
3ª ep. n. 68 ( 2017)

O extenso editorial ábrese cunha imaxe da campaña de Xaltxerak de Orio contra a sentencia da Manada e ofrece unha mirada feminista á violación desde as perspectivas legal, testimonial e activista. Nos artigos ocúpanse da figura da historiadora Carme Alvariño; a situación das mulleres no mundo segundo un informe da Amnistía Internacional e a xestación subrogada. Aparece unha crónica do ingreso de Xohana Torres na Academia Galega; unha valoración da personaxe de literatura infantil Tea Stilton; e, cadrando coa exposición Vermellas, unha biografía de María Casares. As notas breves abundan nos casos de violación da Manada e Harvey Weinstein informan da publicación da revista Revirada e destacan as ilustracións do metro de Estocolmo, por unha banda, e por outra, as ilustracións de INESPERADXS para reivindicar aseos mixtos. Complétase o número coas entrevistas á escritora Rosa María Lojo e ao equipo da Asociación Agrocuir. A contraportada vai dedicada a María Victoria Moreno.