RESUMO

Andaina
3ª ep. n. 69 ( 2018)

Entre as notas breves móstrase a repugnacia pola decisión do xulgado no caso Manada; denúnciase a situación das temporeiras, das empregadas do fogar e das kellys; sinálanse os encontros e xornadas de Xornalistas Galegas, de Mulleres e deporte, Mullerenaxe ou o debate organizado por Andaina, entre outras. Presenta tamén dúas entrevistas, unha a Marxina Lamoneda Izquierdo e outra ás mulleres da Plataforma de Mina Touro-O Pino. A sección de crítica cultural salienta un disco de Mercedes Peón e a serie Fariña. Recupérase as figuras de Emilia Docet Ríos, María Vinyals y Ferrés, e, na contraportada, Isabel Zendal.