RESUMO

Andaina
3ª ep. n. 70 ( 2019)

O editorial anuncia unha nova edición do MUFEST, o festival de cinema feito por mulleres que organiza Andaina, e ofrece un resumo das xornadas sobre traballo sexual na Universidade da Coruña. Nos artigos hai un achegamento á imposición da heterosexualidade que acompaña senllas crónicas da manifestación do Orgullo e do Agrocuir e unha crítica ao feminismo punitivo. Na sección de recuperación histórica rescátanse as aureanas do Sil. Na sección de crítica cultural recoméndanse libros sobre o amor romántico, o feminicidio, o transformismo feminino e as mulleres na cidade. Tamén se salientan dous filmes vinculados ás mulleres galegas: Memorias caladas e Elisa e Marcela. Na contraportada anúnciase o IV MUFEST.