RESUMO

Andaina
3ª ep. n. 71 ( 2021)

O editorial recolle varias consideracións sobre os trinta e oito anos de publicación de Andaina. Nos artigos trátase a fenda de xénero nas pensións de xubilación, o feminicidio e a volta ao esencialismo do feminismo abolicionista transexcluínte. Nas achegas históricas, documéntanse as colonias escolares dos anos 1936 a 1939, ofrécese unha revisión da figura de Emilia Pardo Bazán como feminista e unha biografía de María Casares. A contraportada recupera a intervención das mulleres de Corcubión na guerra da Independencia.