RESUMO

Andaina
3ª ep. n. 72 ( 2023)

O editorial denuncia o asasinato de Cristina Cabo Buján, da Plataforma Feminista de Lugo, lembra os corenta anos da revista e celebra a marcha das mulleres en Kabul contra os talibáns. Neste número os debates sobre a disidencia sexual ocupan case todo o número, con artigos sobre a rota "Ferrol desviado", varias aproximacións ás infancias trans, a necesidade de puxar por unha linguaxe non binaria, e denuncia as prácticas de violencia e normalización que pon en evidencia a historia. Inclúe tamén unha entrevista a Nee Barros. Na sección de crítica cultural recoméndase, entre outros, varios títulos sobre disidencias sexuais. A contraportada recupera a Elba, a pastora do Mesolítico que foi atopada nun xacemento no Courel.